Fonds AE-AR-HPLa - Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires

Identity area

Reference code

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-HPLa

Title

Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires

Date(s)

  • 1908-08-07 - 1982-07-25 (Creation)

Level of description

Fonds

Extent and medium

29 microfichas con libro de actas
14 microfichas con libros de rexistro de socios
26 microfichas con correspondencia
3 microfichas sobre a construcción dun hospital
1 carpeta cun libro de rexistro de socios, libros de contabilidade e documentación varia
1 cartafol cunha memoria

Context area

Name of creator

(1908-08-07 ata 1982-07-25, data na que se fusiona con outras entidades de emigrantes do Deza, formando o Centro Lalín)

Administrative history

A orixe desta sociedade está no ano 1904, data na que os naturais do partido xudicial de Lalín, residentes en Arxentina, se uniron para construír un cemiterio na súa localidade natal; este cemiterio foi entregado máis tarde ao concello, xa que era o único que existía na zona con características modernas.
Desta agrupación de veciños é froito a sociedade "Hijos del Partido de Lalín", que naceu oficialmente o 7 de agosto de 1908, coa pretensión de cubrir outras necesidades que había no pobo. Para facer máis extensiva a súa actuación, a sociedade creou varias subcomisións no pobo de Avellaneda, en Villa Urquiza, e noutros países como Uruguai e Cuba, onde tamén existía unha ampla colonia de lalinenses e así unir esforzos.
A construción dun hospital-casa-asilo na vila de Lalín foi un proxecto moi ambicioso que rematou en fracaso pola escasa axuda que atoparon no propio Lalín. Dous anos máis tarde, reconverteron o edificio, construído pola sociedade, nunha escola e granxa agrícola experimental.

O 25 de xullo de 1982, e despois dunha vida societaria do máis intensa, vinculada aos problemas tanto da súa terra natal (entre outros, financia a construción dun monumento adicado á memoria do aviador Joaquín Loriga e tamén ao científico Ramón Aller; entrega de doazóns ás viúvas e aos seus fillos durante a guerra civil, etc.) como dos seus compatriotas emigrantes con menos posibles, deciden fusionarse coas sociedades de "Hijos de Silleda" (1908), "Unión del Partido de Lalín" (1921) e "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" (1930). Créase unha unha nova sociedade denominada "Centro Lalín de Buenos Aires" para aglutinar a todos os emigrantes da comarca do Deza e poder así sobrevivir ante as dificultades que se presentan na actualidade como a idade avanzada dos socios e a grave crise económica que se está a vivir na Arxentina.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel e microficha:

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva (1908-1916)
Libro de rexistro de socios (1908-1919)
Documentación da sociedade relativa á construcción do Hospital-Asilo de Lalín (1908-1912)

Conservada en formato microficha:

Libros de actas das reunións da Comisión Directiva dos anos 1929-1933, 1938-1941, 1952-1957
Libros de actas das reunións da Asemblea Xeral de Socios dos anos 1908-1912, 1914, 1916, 1918-1919, 1922, 1924-1933
Libros de actas das reunións da Subcomisión de Festas dos anos 1954-1962, 1966
Correspondencia (1921-1960)
Correspondencia recibida dende 1924
Libros de rexistro de socios dos anos 1908-1925, 1914, 1916, 1945-1964

Conservada en formato papel:

Correspondencia e documentación dos anos 50 relativa á construcción dun Instituto Laboral en Lalín
Correspondencia varia (1926-1980)
Libros de contabilidade dos anos 1908-1911, 1914-1922
Libro de contabilidade da Subcomisión de Festas (1961-1977)
Listaxe de donacións recibidas pola sociedade para a construcción da Casa Social e memoria histórica da sociedade
Recortes de prensa, correspondencia e demáis documentación da sociedade relativa á homenaxe á Ramón María Aller Ulloa na vila de Lalín no primeiro aniversario do seu pasamento (1967)
Memoria e contas xerais da sociedade relativa aos anos 1904-1915 e publicada en 1916 (fotocopias)

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Conditions governing reproduction

O material que está en formato microficha non se pode reproducir por cuestións técnicas. O resto da documentación permítese reproducir.

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Os documentos en microfichas precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 12/03/2019

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Accession area